O Narciso Umbrío: os libros de Eduardo Length: 4:59
Description: Día do Libro 2008 no I.E.S. "A Cachada" de Boiro.
Unha coincidencia marca en parte o día 23 de abril. Como sinala a Wikipedia, dous dos máis grandes escritores faleceron nese día: Miguel de Cervantes e William Shakespeare (este último, segundo o calendario xuliano empregado durante a súa vida no Reino Unido, xa que en realidade faleceu no 3 de abril). En todo caso, os dous deixaron o mundo dos vivos en 1616.
En España, esta data conmemora a Cervantes coa celebración do Día do Libro. En Boiro, dentro dunha exposición feita neste día, o profesor e colega de Inglés Eduardo J. Estévez brindou a todo o centro a oportunidade de ver e tocar algúns magníficos exemplares da súa colección privada. Un Flor Sanctorum era a xoia, pero tamén son interesantes os libros da segunda metade do século XX que facían por ensalzar unha idea dunha España imperial en xeral e ao dictador Francisco Franco en particular, como se aprecia nestas portadas.
Vense, ademais, uns libriños de romances e de teatro típicos e un dos fascículos, dentro dun tomo encadernado, dunha moi fermosa revista cultural chamada "Alrededor del mundo".
Aquí aparece Eduardo, e tamén saen dous colegas máis: Yolanda Agrelo e Agustín Agra.
* Falando de libros, Agustín, de quen tamén se escoita aquí a voz, gañou no ano 2006 o Premio Merlín de Literatura Infantil, co libro A Lagoa de Reid'Is.
Author: xensboy
Source: YouTube
|